Sistemas de filtración biolóxica
Características

Filtros de percolación en poliéster, propileno e PVC. Deseño modular con capacidade de filtración de 10 a 220 m3/h. Medios de filtración con alto poder nitrificante e de corrección de pH. Filtros de campá aerobios en resinas de poliéster, fibra de vidro, aceiro inoxidable AISI 316L e aceiro ao carbono. Con capacidades de filtración de 7 a 90 L/s, micraxe de 30 a 80 µm e presións de traballo de 2,5 a 4 Kg / cm2. Inclúen un segundo colector de auga no fondo do filtro para impedir a formación de bolsas anaerobias. Filtros de cartucho en nailon, tea de aceiro, resina impregnada, fibras de polipropileno, carbón activado, etc. Con capacidades de filtración de 0,4 a 1 L/s, micraxe de 0,1 a 5 µm e dispoñibles en distintas lonxitudes (de 5 a 100 cm).

Observacións

Para máis información e a obtención dun orzamento detallado consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.