Na División de Acuicultura de ACUINUGA estamos desenvolvendo un proxecto de innovación tecnolóxica sobre as novas aplicacións de microalgas. O cultivo de microalgas está cobrando un protagonismo crecente, estimándose a produción mundial en 5.000 toneladas anuais de materia seca, cun valor de mercado que rolda os mil millóns de euros/ano (excluindo a adición do valor resultante das actividades de procesado). Independentemente doutras aplicacións como poden ser a produción de biocarburantes, o noso interese deriva da súa composición, rica en proteínas e carbohidratos de elevada dixestibilidade, e cunha fracción graxa que pode alcanzar o 70% do seu peso seco, o que as fai particularmente interesantes desde un punto de vista nutricional. Outros compoñentes valiosos presentes en microalgas son vitaminas (A, B, C, E), provitaminas e pigmentos como clorofila, carotenoides (astaxantina, betacaroteno, luteína) e ficobiliproteínas, todos eles de grande interese comercial.
Desde o noso punto de vista, os ácidos graxos de maior interese presentes en microalgas pertencen as familias omega-3 e omega-6. Estos ácidos graxos poliinsaturados (PUFAs) non poden ser sintetizados pola maioría dos animais, polo que deben ser suministrados na dieta. A fonte tradicional destos ácidos graxos é o aceite de peixe, cun rango de prezos máis competitivo que os PUFAs de orixe microalgal. Con todo, as evidencias máis recentes demostran unha metabolización máis eficiente de PUFAs de orixe microalgal que a daqueles que proveñen de aceite de peixe, o que unido a certas limitantes no uso destes últimos (enranciamiento, acumulación de toxinas, sabor a peixe, etc.) está favorecendo o desenvolvemento de proxectos industriais de cultivo de microalgas. Un bo exemplo desto é a incorporación de DHA de orixe microalgal (un PUFA -presente no calostro pero ausente na leite de vaca- de gran importancia para o desenvolvemento do cerebro, ollo e corazón), en potiños ou papillas para bebés e suplementos para adultos, cun valor mundial de mercado en 2010 próximo aos dez mil millóns de euros e comercializados xa en máis de 60 países.
No proxecto que estamos levando a cabo centrámonos na produción de Nannochloropsis oculata, posiblemente a microalga de maior importancia para o cultivo do rotífero Brachionus plicatilis. Este rotífero, en combinación co crustáceo Artemia salina constitue a base da alimentación larvaria de moitas especies de grande interese para nos, como o linguado, o rodaballo, o salmonete, o ollomol ou a robaliza. Cun contido en proteína do 47% e en lípidos do 23%, dos cales un 36% es EPA y un 5% ARA, rica en clorofila e vitamina C, Nannochloropsis representa ademais unha peza fundamental no deseño dunhna estratexia nutricional para o cultivo de novas especies. Os resultados obtidos hasta o momento permitennos producir esta microalga en condicións de esterilidade, en diferentes presentacións (fresca pasteurizada, pasta conxelada e polvo seco atomizado) e en cantidades susceptibles de ser comercializadas para a súa aplicación industrial. Con este produto complementamos a nosa carteira de ferramentas nutricionais, permitindo ademais a súa posterior valorización en base a extracción de compoñentes de interese comercial.